Estás en internet para aumentar o teu
número de clientes.
Conségueo grazas aos contidos da
túa páxina web e ás túas redes sociais.
Pensas que as túas redes sociais poden crear unha comunicación próxima e atraer clientes dispostos a pagar polo teu servizo. E tes razón.
Ademais, queres que os teus perfís sociais cumpran co obxectivo que te marcaches: conseguir seguidores e guialos á túa páxina web para que te contraten. E segues a intentalo.
Buscas o xeito de que os teus textos deixen de falar desa forma tan xenérica sobre o teu servizo porque tes a certeza de que a túa páxina pode captar a atención de visitas interesadas nel.
Potencia e fai visibles as túas fortalezas como profesional.
E os teus seguidores han de poder aprecialo con só ler os textos das túas redes sociais.
Consegue que o consumidor lembre a túa marca cando precise o teu servizo.
A túa audiencia debe saber que es ti quen fai que o servizo que ofrecen sexa tan exclusivo.
Porque a túa forma de seres e de cumprires co teu traballo son elementos clave e imprescindibles que fan que o teu servizo sexa único.
sperta o interese polo teu traballo.
valore o teu servizo como se xa o tivese gozado e se anime a pedirche un presuposto.
En definitiva, a túa páxina e as túas redes sociais deben conectar co público do mesmos xeito que o fas en persoa e no teu trato diario cos clientes.
O teu ideal é un contido que faga que o lector sinta o teu compromiso, crea en ti e na túa profesionalidade.
Son Susana Filloy e axudo a que os autónomos se sintan reflectidos como persoas e como profesionais nos seus contidos online.
Converto a súa personalidade dixital nunha ferramenta de atracción de clientes que ven como un valor engadido o feito de que sexan eles quen realicen o traballo.
Descubre ese detalles que fan que sexa eu
Din de min que son alegre porque sempre teño un sorriso na boca.
Creo que para que algo pague a pena ten que saír de dentro, esa é a garantía de que quedes satisfeito con todo o que fas.
Son unha economista felizmente reinventada. De maior aprendín a aprender e a ser nai, as dúas cousas a un tempo. Agora, o meu é o marketing emocional e o copywriting.
Quixen aprender marketing dixital para vender cousas. Con todo, agora só penso en como crear relacións entre marcas e consumidores.
A miña gran fazaña deportiva foi nadar ida e volta do dique de abrigo de A Coruña (máis de un quilómetro): xuntámonos catro amigas despois de adestrar todo o inverno xuntas e fomos as derradeiras en abandonar as xélidas augas do peirao, aterecidas e contando chistes; despois, entramos en calor tomando un chocolate quente en albornoz. Só teño que pechar os ollos e comezar a lembralo para que se me debuxe un sorriso e me sinta feliz.
Malia que me faltan moitos países por coñecer, tiven a satisfacción de visitar 4 continentes. Resúltame imposible escoller unha única lembranza, pero destacaría dúas emocións que me puxeron os pelos de punta: descubrir o interior de Abu Simbel e levantar a vista para admirar o Mont Blanc.
Esperta o interese en probar o teu servizo grazas ao contido da túa páxina web.
Descarga o vídeo e o cuestionario de balde.