Atrae seguidores interesados no teu
servizo grazas ao contido
das túas redes sociais.
Ti es a persoa perfecta para facelo.
Nas redes sociais contas os mellores momentos das túas vacacións, lembras o aniversario de voda do teu mellor amigo e compartes as fotos do teu aniversario.
Cónstache que os teus clientes fan o mesmo: xa nos resulta imposible vivir sen internet.
Por iso, crear os perfís sociais do teu negocio para ti foi un paso lóxico e natural.
Queres chegar a un público que doutro xeito che resultaría imposible de acadar.
O teu obxectivo é converter seguidores en clientes.
- Esfórzaste cada día pensando o que publicar no teu perfil, pero apenas consegues uns poucos “Gústame”.
- Observas todas esas contas que teñen máis seguidores ca ti e, ao final, dáche a impresións de que as redes sociais só son un xeito de perder o tempo.
- Intentas crear esa conexión que tes cos clientes que xa te coñecen, pero non o consegues. De feito, semella que nin sequera existes para os teus propios seguidores.
- Pregúntaste se as redes sociais de verdade funcionan para achegarte a eses clientes que precisan o teu servizo e aínda non te coñecen.
Sácalle partido ás túas redes sociais.
SSabes que as redes sociais son unha oportunidade para impulsar o teu negocio e encantaríache que os teus clientes potenciais descubriran a túa marca e que te valorasen como profesional.
Aprende a xestionar as túas redes sociais de xeito divertido para ti e atractivo para os teus seguidores.
Pensaches no que poderías conseguir se captases a atención de clientes interesados no teu negocio?
Imaxina que persoas que aínda non te coñecen se converten en seguidores que queren saber como fas o teu traballo e de que xeito tomas as túas decisións.
Son Susana Filloy e axudo a que os autónomos creen unha comunidade de seguidores que os valoren como profesionais e pensen neles cando precisen o seu servizo.

Atrévete a escoller o xeito máis efectivo de xestionar as túas redes sociais:
Continuar como ata agora.
Deixar que eu sexa a túa community manager e xestione as túas redes sociais
Aprender a facelo ti sen deixar de traballar
Gústache a idea de creares unha comunidade de seguidores que valoren o teu servizo e queiran traballar contigo?
Na túa mente acábase de activar un interruptor novo. Embaixo les: “Xestión eficiente de redes sociais”, e ao carón ves un adhesivo cun interrogante.
É normal que teñas preguntas. E quero aclaralas en persoa.
Consultoría de balde.
Cubre este formulario para que poda coñecer o teu servizo e as túas redes sociais.
Escribireiche dentro das vindeiras 48 horas laborables para concertarmos unha consultoría de 30 minutos personalizada e de balde.
Que sacarás en limpo desta consultoría?
Resolverás as túas dúbidas sobre as 3 opcións que tes para xestionar as túas redes sociais.
Coñecerás como está a funcionar un dos teus perfiles sociais agora mesmo.
Determinarás as accións que podes realizar para mellorar os resultados actuais dese perfil.
Estes son os beneficios de aprenderes a xestionar as túas redes sociais:
Sentir a satisfacción de dar a coñecer a túa marca e moverte como pez na auga nos teus perfís sociais.
Facer visibles as túas fortalezas como profesional e aumentar o valor do teu servizo.
Aprender a resultar relevante para os teus consumidores e conseguir que desexen que sexas ti quen realice o servizo que precisan.
Aumentar o número de clientes que valoran o teu traballo e mellorar os resultados do teu negocio.
Susana, quero ser eu quen comunique todo o valor que aporto co meu servizo aos meus clientes e sentir a satisfacción de levar as miñas propias redes sociais.
Aumenta o valor percibido do teu servizo.
Descarga o vídeo e o cuestionario de balde.