Marketing dixital para autónomos

Descargar o vídeo e cuestionario de balde.

Guía para ser o profesional co que
queren traballar as visitas da túa páxina web.

Queres aumentar o número de presupostos que che piden vía online?

Consegue que o lector da túa páxina web e das túas redes sociais aprecie o teu servizo.

É certo, hai máis profesionais que ofrecen o teu mesmo servizo e o que ti queres é que todo
posible cliente que chegue á túa páxina te escolla a ti, malia que non te coñeza.

Recupera a ilusión polo teu proxecto persoal.

A realidade é que, para que o teu negocio funcione, precisas dun fluxo constante de clientes.
Imaxina o que sería conseguilo sen necesidade de incorrer nun desembolso indefinido e aforrando tempo.

Convirte as túas redes sociais nunha fonte de seguidores ansiosos por probar o teu servizo.

Tes unha relación complicada coas túas redes sociais.

Lévate tanto tempo pensar o que vas publicar que en ocasións desesperas.
O peor é que ás veces tes a impresión de que o texto que acabas de publicar escribiuno un robot e gustaríache poder identificarte coas túas propias palabras.
Máis que unha ferramenta coa que atraer seguidores dispostos a contratarte, as túas redes sociais semellan un ladrón de tempo.

Guíaos á túa web para convencelos de que ti es o profesional que estaban a buscar.

Sentes como se a terra tragase a túa páxina web

Abúrreste agardando que se poñan en contacto contigo para solicitarche un presuposto online.
A túa mente repite unha e outra vez que tes que actualizar a túa páxina.
E a razón é sinxela: queres que o teu servizo resulte máis atractivo.

Consegue que os teus seguidores e o público da túa web vexan algo máis que os teus prezos: logra que entendan o valor do servizo que lles estás a ofrecer.

Propuxécheste deixar atrás esa etapa na que, malia estares en internet, ninguén te coñece.

Fai que o teu contido en internet funcione.

O teu maior desexo é acadar esa visibilidade e recoñecemento profesional online que mereces.

Son Susana Filloy e o marketing emocional e a escritura persuasiva son as miñas ferramentas.

Axudo a que os autónomos se sintan identificados como profesionais e como persoas nos contidos da súa web e das súas redes sociais. E o que é máis importante, axudo a que o consumidor do seu servizo aprecie o seu traballo e vexa neles o tipo de profesionais que precisan e co que queren traballar.

Confiaron en min:

Logra que unha persoa que non te coñece queira traballar contigo porque valora o teu servizo tanto como un cliente que xa o gozou.

O que máis te motiva é un cliente que confía en ti desde o primeiro intre, que che agradece o esforzo e o tempo que dedicas a entender o que precisa e que aprecia o teu inconfundible estilo persoal.

É hora de que te sintas tan orgulloso dos contidos da túa web e das túas redes sociais como do servizo que lles ofreces aos teus clientes.

Formación en redes sociais

Aprende de xeito sinxelo, mentres segues a realizar o teu traballo, a causar impacto co contido das túas redes sociais no consumidor interesado no teu negocio. Esperta as súas ganas de:

N

coñecer máis sobre a túa marca persoal;

N

probar a exclusividade do teu servizo.

i

Servizos de copywriting web

Escribo o contido da túa web para que consiga estes dous obxectivos:

N

Captar a atención das visitas interesadas no teu negocio.

N

Conectar co consumidor que valora o teu traballo porque confía na garantía da túa marca persoal.

Aumenta o valor percibido do teu servizo.

Descarga o vídeo e o cuestionario de balde.

Consegue que as visitas da túa páxina valoren máis o beneficio de traballaren contigo que o custo de facelo.